O AUTOANÁLISE
O PROXECTO PROFESIONAL
Debemos indagar para ter claro cales son os nosos recursos persoais: actitudes, capacidades, rasgos da nosa personalidade, experiencias de aprendizaxe, os nosos intereses. Todo o que constituiría o noso potencial profesional.
Coñecer que capacidades temos, que nos gusta facer, que se nos da ben, como nos ven as demais persoas, que o que nos gusta e a onde queremos chegar. Recoñecer aquelo que aportaremos á sociedade e ao mundo laboral a través das destrezas adquiridas e da nosa experiencia persoal e vital.
O primeiro paso na busca de emprego é a autoanálise; é imprescindible para establecer o proxecto profesional.
- Que é o que queremos facer e o que podemos aportar.
-Coñecer as nosas limitacións e a forma de superalas.
-Elaborar ou deseñar o proxecto.
1) AUTOANÁLISE INTERIOR
-Percorrer a propia traxectoria profesional.
-Avaliar as nosas competencias a través dos logros persoais, académicos e profesionais ao longo da vida.
-Decidir o traballo que queremos, pensar nas nosas motivacións. Afondar nas característícas da nosa personalidade.
- Establecer as nosas metas profesionais a curto e longo prazo.
2) AUTOANÁLISE EXTERIOR.
-Facer un estudo do mercado laboral onde queremos introducirnos.
- Ver os requisitos do perfil profesional que nos interesa e ver se reunimos ditos requisitos ou se temos que mellorar a formación, as habilidades, a experiencia ou calquera tipo de competencia que necesaria para ser máis competitivos.
1. Coñécete a ti mesma/o.
2. Limita as túas competencias.
3. Deseña un perfil do posto ao que queres optar.
4. Coñece o mercado laboral.
5. Non hai fronteras físicas nin psíquicas.
6. Busca en todos os médios.
7. Internet é o camiño.
8. Desconfia de ofertas espectaculares.
9. Personaliza o teu CV, adáptao.
10. Fai un seguimento e consigue a entrevista.
11. Elixe ben.
12. Sigue formándote
|
http://empleo.gijon.es/page/849-autoanalisis
0 comentarios: