Mostrando entradas con la etiqueta Empregabilidade. Mostrar todas las entradas

A OCUPACIÓN ( 2)


A OCUPACIÓN



A ocupación que se relaciona co posto de traballo desempeñado ou demandado ten que ser unha das incluídas na Clasificación Nacional de Ocupacións (C.N.O.)
A adaptación europea da clasificación internacional de ocupacións denominada CIUO-(COM) e o INE obtén a versión nacional (CNO-94), resultado da adaptación da clasificación europea. A última actualización é do ano 2011.






1.-DESCRIPCIÓN XERAL

Planificar e desenvolver actividades de disfrute do tempo libre con contido educativo, tanto en interiores como ó aire libre, con vistas á adquisición de coñecementos, valores e actitudes por parte das persoas destinatarias; en aspectos de socialización, expresión plástica, hábitos saudables, e respecto polo medio ambiente. Programar a súa actuación de xeito flexible. Implementar as acción, acompañar e proporcionar orientacións para a aprendizaxe das persoas destinatarias.





1.1.- Ocupacións máis utilizadas

            -Monitor de ocio e tempo libre   37241034 (30-00).

            -Animadores comunitarios, en xeral

            -Monitor sociocultural

            -Coordinador de tempo libre

            -Monitor de servizos  á comunidade


É importante, cando se solicita a ocupación na demanda de emprego, solicitar o intervalo de niveis profesionais que posúa a ocupación, xa que o nivel de intermediación é maior.






















FUNCIÓNS PROPIAS DO POSTO:

- Programar acción educativas vinculándoas   ó disfrute do tempo libre de    acordo coas demandas e necesidades das persoas destinatarias.
¿Cómo o fai?  Organizando os recursos socioculturais que lle sexan asignados no marco do proxecto, cumprindo as normas e a lexislación establecida, e realizando as modificacións necesarias para mellorar o rendimento.


- Implementar as actividades lúdico-educativas programadas.
Analizando a zona de actuación e características do colectivo con minuciosidade e precisión.
Recopilando información sobre distintas modalidades de recursos culturais, e relacionándoos coa súa posible aplicación nos distintos contextos de animación cultural.


- Proporcionar oportunidades de aprendizaxe , a través do desenvolvemento de   actividades de tempo libre, adaptadas ás características individuais ou de grupo e as súas necesidades, así como acompañar e orientar o proceso de aprendizaxe dos mesmos.
Seleccionando e aplicando as estratexias de dinamización (motivación, participación e comunicación ) de grupos para o desenvolvemento do proxecto.


- Realización de actividades para dinamizar ó grupo.
Aplicación das técnicas de dinamización de grupos e adecualas ó tipo de actividade que realiza. Motivar ás persoas para a súa participación activa e ofrecerlles apoio e asesoramento técnico cando sexan requiridos.  Favorecer o desenvolvemento da autonomía e madurez das persoas, a súa inserción nas comunidades ou grupos, así como no disfrute do seu ocio e tempo libre.


-Colaborar conxuntamente cos educadores na avaliación e no desenvolvemento das actividades realizadas.
Comprobando a súa adecuación ó programa establecido. Avaliando as actividades e os comportamentos das persoas con obxectividade para retroalimentar a programación.






COMPETENCIAS XENÉRICAS:

Flexibilidade, Iniciativa, Sensibilidade social, Profesionalidade, Autocontrol, Traballo en equipo e cooperación, Orientación ó cliente.



FORMACIÓN REGRADA RECOMENDABLE

Grao en Educación Social
Mestre de Educación Primaria



FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Monitor sociocultural
Monitor de actividades de tempo libre



FORMACIÓN TRANSVERSAL

Ofimática básica  /  Orientación laboral  / Empatía / Xestión do tempo  / Prevención de riscos laborais  /  Calidade de servizo e atención  ó cliente / Empatía.








O ocio e o lecer do tempo libre nas sociedades desenvolvidas adquiriu unha elevada importancia, impulsados, entre outros factores, por unhas mellores condicións físicas que permiten unha vida máis agradable, que a cultura se volvese un ben de entretemento popular, que cada vez sexan máis numerosas as infraestruturas relacionadas co deporte ou que o turismo se convertese nun elemento básico de desenvolvemento.

Todo o anterior, unido ós cambios que se produciron na sociedade (cambios demográficos, nas estruturas familiares, a maior dispoñibilidade de tempo libre, o maior interese polo coidado e o desenvolvemento persoais, maior cultura e educación...) propiciou que as actividades de servizos vinculadas ó lecer e o tempo libre sufrisen un gran crecemento nas últimas décadas.






Así podemos recoñecer certas tendencias: 

-A incorporación da muller ó mercado laboral e a necesidade de conciliación da vida laboral e familiar, provoca que as actividades vinculadas ó sector infantil e xuvenil gañasen unah presenza importante. Así xorden moitas empresas de animación infantil, parques de atrraccións e ocio, ludotecas, etc.


-A maior lonxevidade das persoas está a provocar un incremento da demanda de actividades para o aproveitamento do tempo libre dispoñible.


-Os centros educativos convertéronse nun importante foco de actividades a través do desenvolvemento de actividades extraescolares.









-Tamén, cada vez hai máis actividades educativas orientadas ós nenos e á mocidade para os períodos de descanso escolar (Nadal, verán, Entroido). Moitas son promovidas por entidades públicas.

-As actividades de animación ofrécense a outros estratos de idade, como a terceira idade para as que se empregan novos espazos como as residencias xeriátricas, centros de día, etc.

- Hai unha marxe de idade abandonada en canto á oferta, a da preadolescencia e adolescencia. A mocidade entre 11 e 15 anos ten dificultades para atopar unha oferta atractiva ou axeitada de ocio.






AS EMPRESAS DE OCIO


O sector do ocio converteuse nos últimos anos nun sector importante a nivel nacional. O valor económico destas actividades tivo unha evolución positiva ó longo dos anos.
A nivel nacional, desde o ano 2009 ven experimentando un descenso paulatino, ligado á crise económica.







 En Galicia, en contraposición ó que acontece a nivel nacional, o número de empresas de actividades recreativas e de entretemento vén experimentando un certo crecemento (7,53%) no período 2009-2013.







A forma xurídica máis habitual das empresas españolas de actividades recreativas e de entretemento, no ano 2013, é de sociedade de responsabilidade limitada, supoñendo preto da metade do total. As persoas físicas son tamén representantivas no conxunto, con case un 40%.

Estas empresas caracterízanse pola súa reducida dimensión media, sendo as empresas sen asalariados as máis representativas, seguidas das empresas con un ou dous asalariados.

Aínda que as persoas físicas son a condición xurídica máis habitual entre as empresas de entretemento galegas, as sociedades de responsabilidade limitada son as que veñen experimentando unha evolución máis positiva desde o ano 2009.







O mapa amosa a distribución do emprego dos animadores de tempo libre en España, tendo en conta o domicilio do posto de traballo. Obsérvase un claro predominio das provincias períféricas e de Madrid, coincidindo coas áreas con máis desenvolvemento de servizos ás persoas.



Con relación ó perfil do persoal traballador atópanse basicamente dous:

 Estudantes menores de 25 anos que buscan unha obtención rápida e puntual de ingresos.

-Persoas de entre 25-35 anos con experiencia na área da animación sociocultural. Este  perfil é cada vez máis valorado debido á maior madurez persoal (responsabilidade,  profesionalidade...) que presentan.

-Maioritariamente mulleres, aínda que a presenza do sexo masculino é cada vez máis  frecuente.





A ORGANIZACIÓN ESTRATÉXICA NA BUSCA DE EMPREGO


A ORGANIZACIÓN ESTRATÉXICA NA BUSCA DE EMPREGO






Obradoiro de procura activa de emprego servizos sociais versión modificada from

LOLIFONTENLA



ALGO CHAMADO MEDO



Crisis económica, despido, cambios non desexados... Todo iso abre a caixa de Pandora dunha emoción silenciosa pero intensa: o medo.

O medo é unha familia de emocións que van desde o estrés ata o pánico, pasando polo ansiedade ou o temor. 
Todos sentimos o medo nalgunha das súas variedades cando debemos enfrentarnos a un cambio, a unha decisión importante e cando non temos traballo. 



Pola contra, o medo é un tabú do que case non se fala, aínda cando un sufriu unha regulación de emprego ou se cansa de enviar currículos sen ser aceptado.



Posiblemente, nos procesos de busca de emprego a emoción máis importante para analizar é o propio medo e o estrés.



Pero non debemos quitarlle valor ó medo. Este é necesario porque nos axuda a ser prudentes e a non embarcarnos na compra de casas se non temos traballo, por exemplo. Ten a súa base biolóxica e axudounos a chegar aquí como especie.

Equilibrou certos comportamentos, como por exemplo, como asomarnos en exceso a unha ventá.
Pero ese medo pode deformarse e asasinar o noso potencial. Entón convírtese nun medo tóxico que dana as nosas capacidades e nos impide ser creativos.
O medo equilibrante e sano e o medo tóxico están intimamente relacionados xa que nacen da mesma emoción pero o tóxico é unha deformación do primeiro.
Por exemplo, tememos cometer erros (medo equilibrante), pero cando nos bloquea o proceso de busca de emprego  por non soportar o medo ó rexeitamento  é un medo tóxico.... 



O traballo non chega por arte de maxia, senón por múltiples intentos desde diferentes sitios.  




TIPOS DE MEDOS


¿E a que temos medo?

Temos que analizar a motivación. 

A persoa que esté moi orientada ó logro probablemente fuxirá do fracaso.
Aquel que necesite integrarse no grupo temerá o rexeitamento ou a soidade.
A persoa á quen lle motive influir nos demais a perda de poder será o seu peor pesadelo.

Por suposto son casos extremos. Pero temos que engadir dous moi importantes: 
- o medo á non sobrevivir  ( a non chegar á fin de mes)  e 
- o medo ó cambio.








O medo é biolóxico , téñenno todos os mamíferos cando protexen os seus fogares. 
E pode chegar a ser moi intenso e paralizante.




O prezo que pagamos polo noso medo



O medo non motiva. O medo diminúe a creatividade, a capacidade de innovación, de adaptación ós cambios e da nosa  visión de futuro.
Cando temos medo paralizámonos, envellecemos e somos menos felices.
Cando un ten medo na súa busca de emprego  a que lle digan que non, non innova, non fará nada diferente como acceder a redes sociais,  rede de contactos, en definitiva, non actuará de xeito distinto.

Un despido nunha cultura latina como a nosa, ten ademais outras consecuencias. Medo ó que dirán, medo a non ser aceptados ou a non ser queridos.
O instinto social dos homes baséase  no medo á soidade. 
A dificultade de ser aceptados vése dificultada no mundo nos que nos tocou vivir, onde algúns dos valores máis altos son a beleza ou o éxito.


O home necesita atopar un sentido á súa vida. Moitas veces no mundo actual enchemos o vacío con cousas materiais.... Cremos que a nosa valía persoal dependen do ter  e non do ser. É dicir, poñemos o valor nun posto e non na persoa. E ese é a dor de fondo dun despido. 

Máis alá de non poder pagar a hipoteca está o sabor amargo do "eu non sirvo" e do medo ó rexeitamento.

 Pero non nos esquezamos de que, por moito que perdamos nas nosas vidas, nunca perderemos o que somos e os nosos valores . E esa, é a auténtica riqueza do ser 


Ante un despido ou un cambio non desexado, existe algo universal: "Todo o mundo sae adiante".
Pode que sen tantos cartos ou sen tanto "status", pero arranca outra vez. 
Afecta ao que teño, non ao que son. 


CANDO UN SE ASENTA SOBRE O QUE É (O SEU SER) PODE MIRAR Ó MEDO SEN TEMELO.


Unha situación non desexada tamén é unha oportunidade para revisar os nosos principios. Sen dúbida que se sofre cando un non ten traballo e desexa atopalo.
Pero de aí se sae, pode que con cicatrices, pero se sae. E na maioría dos casos saes máis forte, con máis valores . 

Moita xente sufriu un despido nas súas vidas, e no xeito en que afronte a busca de emprego, o optimismo , a renovación.... De isto vai depender o noso éxito cando voltemos ó mundo laboral. 

As dificultades son oportunidades vestidas de faena e o noso reto como persoas é a busca da felicidade.
Na medida en que saibamos buscala e atopala en nós mesmos e no que nos rodea , seremos máis capaces de atopala e de aislarnos dos medos que sentimos. 



Como dicía Nelson Mandela " no es valiente quien no tiene miedo sino quien sabe conquistarlo"

¿PREPARADOS PARA A CONQUISTA?

















A EMPREGABILIDADE

A EMPREGABILIDADE





¿QUE É A EMPREGABILIDADE?




Empregabilidade é a capacidade que posúe unha persoa para acceder a un posto de 


traballo, manterse nel e reubicarse no caso de perda do mesmo.


A empregabilidade é un compendio de valores como: 




-ter os requisitos en experiencia profesional requiridos para o posto


-ter os coñecementos que demandan os empresarios para o seu perfil e

-ter a capacidade de transmitir a mensaxe axeitada ao mercado.



Un dos puntos máis difíciles é como determinamos ese “valor de mercado”.








Debemos posuír non solo coñecementos e habilidades técnicas específicas para o posto de traballo, senón que tamén é necesario ter características ou competencias necesarias para que o individuo se integre nunha organización .

Nestes momentos, tan difíciles para o mundo do traballo, as organizacións ou empresarios, intentan identificar estilos persoais de cada candidato, a súa forma de relacionarse nos contextos formais e informais, de xestionar conflitos, de reaccionar ante o stress, etc. 

Estos aspectos competenciais e motivacionais, sumados aos factores que dependen estrictamente do mercado laboral (equilibrio entre a oferta e a demanda) e das correntes sociais (xénero, idade, diversidade, etc. ) fan que a empregabilidade dependa tanto de factores que un profesional pode controlar como outros de carácter alleo e nos que moitas veces resulta difícil incidir. 

Este tipo de criterios resultan aplicables para todos os niveis de competencia, e aínda que poida sorprendernos, para os postos de traballo de menor cualificación. Pero o que é certo que esas competencias que necesitamos, senón as temos, si se poden adquirir. É isto é o que chamamos a mellora da empregabilidade.

O concepto de empregabilidade atópase ligado tamén , á visión que cada un de nós temos sobre a nosa traxectoria profesional. Por tanto, para o desenvolvemento da nosa empregabilidade é necesario ligar as nosas opcións profesionais futuras coa demanda dos empregadores e o contexto en que todo isto se produce.


Hai seis parámetros que definen a empregabilidade: 


- A vocación
- Saber se as tarefas que desempeñamos ou a profesión son axeitadas á nosa vocación



- A competencia profesional- Non solo é necesario dispoñer dos coñecementos senón tamén demostrar inquietude coa actualización constante dos mesmos.



- A idoneidade- Non solo debemos reunir as condicións requiridas , ademais debemos demostrar que o posto é axeitado para nós na entrevista e no desempeño do traballo.



- A saúde- é fundamental para obter e manter un traballo. Carecer dela é estar en desventaxa nun mercado laboral tan competitivo como o actual.



- Competencias ou habilidades comunicativas- As relacións interpersoais son importantes para lograr un clima armonioso no traballo. Valórase positivamente o saber traballar en equipo, ter un carácter sociable e afable.



Debemos coñecer e mellorar as competencias transversais para mellorar a empregabilidade, Éstas chámanse transversais porque afectan a moitos sectores de actividade, a moitos lugares de traballo, é o máis importante, está en sintonía coas novas necesidades e as novas situación laborais.


Estas actitudes conforman as" competencias clave" dos profesionais do presente e do futuro e non son un mero complemento ás competencias técnicas necesarias para o desempeño do posto.



Estas COMPETENCIAS CLAVE serían:



- A capacidade de resolución de problemas (habilidade e disposición para enfrentarse e dar resposta a unha situación determinada)



- A capacidade de organización do traballo.


- A capacidade de responsabilidade no traballo. 



É a capacidade para implicarse no traballo.



- A capacidade para traballar en equipo

É a disposición e habilidade para colaborar de xeito coordinado



- A autonomía

É a capacidade de realizar unha tarefa de modo independiente, sen necesidade de axuda.



- A capacidade de relación interpersonal

Trato axeitado, con atención e cordial



- A capacidade de iniciativa 

A disposición para tomar decisións.






Mírade este vídeo






















O TRABALLO DAS ACTITUDES E A MOTIVACIÓN PARA A BUSCA DE EMPREGO








Moitas veces temos medo a soñar, a intentar atrevernos a cambiar.


Neste mundo actual da información é imprescindible ter unha mentalidade aberta á inquietude por aprender , que nos permita a adquisición de habilidades válidas e necesarias para o traballo e a vida en sociedade.


Neste vídeo explican algúns conceptos moi interesantes e fálannos do importante que é soñar para atrevernos a mellorar:
















AUTOCOÑECEMENTO E AUTOESTIMA

O AUTOCOÑECEMENTO COMO MOTOR PARA O CAMBIO. 

A MOTIVACIÓN

O autocoñecemento e a autoestima son dous dos aspectos fundamentais para un bo desenvolvemento persoal e profesional. Especialmente, no que á procura de emprego se refire, o proceso de autocoñecemento é de vital importancia para o deseño, planificación e posta en práctica do proxecto profesional.
Resulta importante deterse para tomar conciencia de cal é o noso proxecto profesional.
Son tres os pasos máis importantes que hai que seguir para que a nosa procura de emprego sexa o máis efectiva posible:
- Autoanálise: témonos que coñecer a nós mesmas/os, analizar con que podemos contribuír ao mercado laboral e deseñar un plan de márketing persoal para “vendernos” ás empresas. Que lle podo dar actualmente ao mercado de traballo? Cales son as miñas preferencias?

- Estudo do mercado laboral: hai que coñecer que profesionais demandan as empresas, e se temos interese en exercer unha profesión determinada, que empresas demandan ese perfil. É dicir que demanda o mercado de traballo? Onde e como consigo esa información?

- Elaboración do proxecto profesional: unha vez que coñecemos o que piden e sabemos o que nós podemos ofrecer, temos que decidir o tipo de postos aos que imos optar, e elaborar un plan para acceder a estes. Cal será o meu obxectivo profesional? Que pasos darei para acadalo?


Antes de nada, debemos adicar un tempo ao autocoñecemento, xa que unha boa autoanálise permitirá saber cales son os nosos puntos fortes e débiles, sempre con actitude positiva de respeto e aceptación dun mesmo realizando unha autocrítica constructiva e proactiva.


Para o desenvolvemento persoal en calquera dos ámbitos da vida é importante irmos consolidando a percepción que temos de nós. Coñecer as nosas aptitudes, desexos, dificultades, rasgos, habilidades, limitacións, etc. é importante, como tamén o é apreciármonos na globalidade. Por isto a autoestima, é unha dimensión máis que complementa ao autocoñecemento.


- AUTOESTIMA


Cabe salientar que a autoestima será baixa ou alta, mais nunca inexistente. A baixa autoestima levará á inactividade, xa que acostuma ir acompañada de expectativas de fracaso e impotencia asociada. Polo contrario, as persoas cun autoconcepto positivo responderán mellor aos novos retos.
Podemonos facer as seguintes preguntas en relación a esta competencia:
Que nos enfada ou alegra de nós mesmas/os?
Cales son as nosas necesidades? E os nosos desexos? Como reaccionamos ante as necesidades e os desexos?
Que nos fai sentir vulnerables?
En que signos depositamos a nosa autoconfianza?
Que valoramos da nosa persoa?



- AUTOEFICACIA


Trátase da valoración que facemos das competencias que temos e como as utilizamos á hora de realizar unha tarefa. Unha percepción positiva axúdanos a facer mellor o que nos propoñemos.
Como parte da autoestima, a percepción que temos da propia eficacia, marcará os niveis de estima persoal, de xeito que sería positivo recoñecer as capacidades que posuímos e detectar en que ámbito da vida.


- AUTOIMAXE


A valoración, a estima que nos damos a nós mesmas/os, os sentimentos de aceptación que temos cara a nós parten da imaxe que nos fixemos de como somos, da nosa autoimaxe.
Son varias as cuestións en xogo:
- Que imaxe teño de min mesma/o? ex. son alegre, apática, elegante, desorganizada...
- Que imaxe penso que teñen as demais persoas de min?
- Que imaxe me gustaría ter?
- Que imaxe me gustaría proxectar cara a fóra? Que imaxe me gustaría que os demais persoas tivesen de min?
- En que medida se corresponden unhas e outras?
Que quero?
Que me gusta?
Finalmente resulta revelador analizar se a percepción persoal que temos da nosa imaxe, non so estética senón anímica, emocional ou doutro tipo se corresponde coa que nos gustaría ter e coa que nos gustaría que tivesen as demais persoas sobre nós.


Alternativas para favorecer a autoestima


A posta en práctica das seguintes cuestións podería provocar un cambio de actitude:
- Falar coas nosas familias e amizades de como nos sentimos e de cales son os nosos intereses e motivacións e valorar en que medida comparten as nosas ideas e poden botar unha man.
- Definir quen pode axudarnos a conseguir as nosas metas.
- Afrontar os nosos propios desafíos ou problemas e buscar ferramentas para podelos solucionar.
- Atrevernos a experimentar, defendernos e afrontar a toma de decisións cotiás.
- Falar sobre as nosas necesidades de realización persoal.
- Atender ós nosos sentimentos.
- Facer que as demais persoas nos escoiten e valoren a nosa opinión. Ao tempo que nos escoitamos activamente.


Levar a cabo estas ideas, requirirá dunha planificación previa e dunha intervención estruturada. Durante a planificación, resulta imprescindible que nos plantexemos retos adaptados ás nosas capacidades, tendo en conta tanto as nosas limitacións como as potencialidades. Se o obxectivo é demasiado difícil convén que o dividamos en pequenos pasos alcanzables.
Aprender a identificar e valorar os propios logros é básico para a propia autoestima e facilitará que as demais persoas os recoñezan en nós.
Como aprender a crer nas nosas propias capacidades? Para responder a esta pregunta teremos que aprender a autorreforzarnos e a mandarnos mensaxes positivas.


- A MOTIVACIÓN


É o conxunto de motivos psicolóxicos que explican os nosos actos, empúxanos a actuar e a situarnos, a decidirnos e a proseguir cos nosos esforzos por conseguir un obxectivo concreto.
As actitudes, como elementos da personalidade, predispoñen ás persoas a actuar dunha maneira determinada. O que se sente e o que se pensa sobre algo modula a nosa predisposición de cara aos  obxectivos que nos propoñamos.
As motivacións axustadas promoven comportamentos a través dos cales se logra a satisfacción. A idea será motivar e adestrarse en habilidades para promover ese comportamento.






Esperas realidades o idealidades?









12 cosas que la gente feliz hace de forma distinta al resto para aumentar sus niveles de felicidad


  1. Manifiesta tu gratitud. Cuando aprecias lo que tienes, esto gana en valor; así que, estar agradecido por las cosas maravillosas que es evidente que ya tienes en tu vida te proporcionará un sentido más profundo de la felicidad. Nos va a costar mucho ser feliz en algún momento si no estamos agradecidos por lo que ya tenemos.
      Cultiva el optimismo. Los ganadores tienen la capacidad de fabricarse su propio optimismo. No importa cuál sea la situación, la diva con éxito es la que siempre encuentra la forma de ponerle un toque de optimismo. Solo contempla el fracaso como una oportunidad para crecer y aprender nuevas enseñanzas de la vida. La gente optimista ve el mundo como un lugar repleto de oportunidades infinitas, especialmente en cuanto al número de intentos

Evita darle vueltas a las cosas y las comparaciones sociales. Compararte con otra persona puede ser venenoso. Si de alguna forma somos mejores que la persona con la que nos comparamos, eso nos da un sentido de superioridad insano. Si somos peoresque con quien nos comparamos, solemos desmerecer el trabajo duro que hemos hecho y el progreso que hemos conseguido. Este tipo de comparaciones no surgen de un lugar sano. Si te sientes inclinado a compararte con alguien, compárate contigo mismo hace un tiempo.


Sé amable. Realizar actos amables libera serotonina en el cerebro. (La serotonina es una sustancia que proporciona beneficios médicos TREMENDOS, incluida la capacidad de hacernos más felices). Ayudar a alguien de forma desinteresada es una forma super poderosa de sentirse bien.

Cuida las relaciones sociales. La gente más feliz del planeta son los que tienen relaciones importantes y profundas. ¿Sabes que hay estudios que muestran que los índices de mortalidad son el doble de altos para la gente que se siente sola?, hay un sentimiento de calidez que viene de tener un círculo activo de buenos amigos con quienes compartir tus experiencias. Nos sentimos conectados y parte de algo con más importancia que nuestras existencias solitarias.
Desarrolla estrategias para poder con todo. Cómo respondes a los malos momentos define tu carácter. Algunas veces pasan cosas malas, es inevitable. Forrest Gump lo sabe bien. Puede ser difícil salir con respuestas creativas en el momento en el que el estiércol se acerca al ventilador.Tener estrategias sanas ya ensayadas y listas en tu arsenal puede ser de gran ayuda.



Aprende a perdonar. Albergar sentimientos de odio es nefasto para tu bienestar. Tu cerebro no sabe la diferencia entre emociones pasadas o presentes. Cuando odias a alguien, piensas continuamente en eso, y estas emociones negativas son tóxicas para tu bienestar.




Aumenta el fluir. Se trata de ese estado en el que parece que el tiempo se ha parado. Ocurre cuando estás tan concentrado en lo que estás haciendo que tu tarea y tú os convertís en uno. La acción y la conciencia se han fundido. No tienes hambre, ni sueño, ni emociones. Estás profundamente sumergido en la actividad que estás haciendo. Nada te distrae ni compite por tu atención.


Saborea las alegrías de la vida. La felicidad profunda no puede existir sin frenar un poco para disfrutar de la alegría. En un mundo con estímulos salvajes y movimientos omnipresentes es fácil olvidar abrazar las experiencias agradables de la vida. Cuando no las apreciamos, robamos la magia al momento. Las cosas más sencillas de la vida puede ser las más gratificantes si recordamos disfrutarlas al máximo.
Comprométete con tus objetivos. Dedicarse con entusiasmo a hacer algo viene equipado de serie con una fuerza inefable. Ocurren cosas mágicas cuando nos comprometemos a hacer algo cueste lo que cueste. Cuando estás totalmente comprometido, no tienes más opción que hacerlo. Al contrario de lo que pueda parecer, no tener otra opción -por lo que no puedes cambiar de opinión- de forma subconsciente nos hace más felices porque así descubrimos parte del sentido de nuestra vida.



Practica la espiritualidad. Si somos espirituales o religiosos, reconocemos que la vida es más grande que nosotros. Abandonamos la idea tonta de que somos lo más poderoso que ha existido nunca. Nos permite conectar con el origen de la creación y nos conectamos con todo lo que existe. Algunas de las personas más completas sienten que están aquí trabajando en algo para lo que "han sido llamados".
Cuida tu cuerpo. Cuidar tu cuerpo es crucial para ser la persona más feliz que puedas ser. Si no tienes tu energía física en forma, entonces tu energía mental (tu concentración), tu energía emocional (tus sentimientos) y tu energía espiritual (el sentido de tu vida) se verán afectados negativamente. ¿Sabías que estudios llevados a cabo con personas diagnosticadas con depresión muestran que el ejercicio regular aumenta los niveles de felicidad? No solo eso, sino que seis meses después, la gente que seguía haciendo ejercicio tenía muchas menos probabilidades de recaer porque tenían un nivel más alto de superación personal y autoestima.