A EMPREGABILIDADE
A EMPREGABILIDADE
¿QUE É A EMPREGABILIDADE?
Empregabilidade é a capacidade que posúe unha persoa para acceder a un posto de
traballo, manterse nel e reubicarse no caso de perda do mesmo.
A empregabilidade é un compendio de valores como:
-ter os requisitos en experiencia profesional requiridos para o posto
-ter os coñecementos que demandan os empresarios para o seu perfil e
-ter a capacidade de transmitir a mensaxe axeitada ao mercado.
Un dos puntos máis difíciles é como determinamos ese “valor de mercado”.
Debemos posuír non solo coñecementos e habilidades técnicas específicas para o posto de traballo, senón que tamén é necesario ter características ou competencias necesarias para que o individuo se integre nunha organización .
Nestes momentos, tan difíciles para o mundo do traballo, as organizacións ou empresarios, intentan identificar estilos persoais de cada candidato, a súa forma de relacionarse nos contextos formais e informais, de xestionar conflitos, de reaccionar ante o stress, etc.
Estos aspectos competenciais e motivacionais, sumados aos factores que dependen estrictamente do mercado laboral (equilibrio entre a oferta e a demanda) e das correntes sociais (xénero, idade, diversidade, etc. ) fan que a empregabilidade dependa tanto de factores que un profesional pode controlar como outros de carácter alleo e nos que moitas veces resulta difícil incidir.
Este tipo de criterios resultan aplicables para todos os niveis de competencia, e aínda que poida sorprendernos, para os postos de traballo de menor cualificación. Pero o que é certo que esas competencias que necesitamos, senón as temos, si se poden adquirir. É isto é o que chamamos a mellora da empregabilidade.
O concepto de empregabilidade atópase ligado tamén , á visión que cada un de nós temos sobre a nosa traxectoria profesional. Por tanto, para o desenvolvemento da nosa empregabilidade é necesario ligar as nosas opcións profesionais futuras coa demanda dos empregadores e o contexto en que todo isto se produce.
Hai seis parámetros que definen a empregabilidade:
- A vocación- Saber se as tarefas que desempeñamos ou a profesión son axeitadas á nosa vocación
- A competencia profesional- Non solo é necesario dispoñer dos coñecementos senón tamén demostrar inquietude coa actualización constante dos mesmos.
- A idoneidade- Non solo debemos reunir as condicións requiridas , ademais debemos demostrar que o posto é axeitado para nós na entrevista e no desempeño do traballo.
- A saúde- é fundamental para obter e manter un traballo. Carecer dela é estar en desventaxa nun mercado laboral tan competitivo como o actual.
- Competencias ou habilidades comunicativas- As relacións interpersoais son importantes para lograr un clima armonioso no traballo. Valórase positivamente o saber traballar en equipo, ter un carácter sociable e afable.
Debemos coñecer e mellorar as competencias transversais para mellorar a empregabilidade, Éstas chámanse transversais porque afectan a moitos sectores de actividade, a moitos lugares de traballo, é o máis importante, está en sintonía coas novas necesidades e as novas situación laborais.
Estas actitudes conforman as" competencias clave" dos profesionais do presente e do futuro e non son un mero complemento ás competencias técnicas necesarias para o desempeño do posto.
Estas COMPETENCIAS CLAVE serían:
- A capacidade de resolución de problemas (habilidade e disposición para enfrentarse e dar resposta a unha situación determinada)
- A capacidade de organización do traballo.
- A capacidade de responsabilidade no traballo.
É a capacidade para implicarse no traballo.
- A capacidade para traballar en equipo
É a disposición e habilidade para colaborar de xeito coordinado
- A autonomía
É a capacidade de realizar unha tarefa de modo independiente, sen necesidade de axuda.
- A capacidade de relación interpersonal
Trato axeitado, con atención e cordial
- A capacidade de iniciativa
A disposición para tomar decisións.
Mírade este vídeo
0 comentarios: