Compartindo experiencias

12:14 hostalaria.blogspot.com 0 Comments

Compartindo experiencias


Todos eses verbos que figuran na imaxe son accións, que para min, son indispensables no traballo dun orientador.

A orientación debe entenderse como un proceso continuo, dinámico, integral e integrador ó longo da vida persoal e profesional dunha persoa; proceso que se modifica constantemente a medida que se incorporan novas informacións e novas experiencias.

Esta transmisión de ideas e de criterios de valor permite ó ser humano elixir entre varias opcións e crecer persoal e profesionalmente.

Ó mesmo tempo, o orientador, para desenvolver o seu traballo, debe establecer relacións de colaboración con outros profesionais de diversos ámbitos; debe ter unha actitude creativa, innovadora, positiva, e sobre todo, empatía e capacidade de persuasión.

Por eso elixin o debuxo do autobús: pretende ser unha metáfora do camiño de longo percorrido, en continuo movemento, e onde se produce a intersección dun montón de persoas distintas, cada unha coas súas vivencias persoais , necesidades e distintas situacións.

0 comentarios: