A EMPREGABILIDADE

13:34 hostalaria.blogspot.com 0 Comments

A EMPREGABILIDADE





¿QUE É A EMPREGABILIDADE?




Empregabilidade é a capacidade que posúe unha persoa para acceder a un posto de 


traballo, manterse nel e reubicarse no caso de perda do mesmo.


A empregabilidade é un compendio de valores como: 




-ter os requisitos en experiencia profesional requiridos para o posto


-ter os coñecementos que demandan os empresarios para o seu perfil e

-ter a capacidade de transmitir a mensaxe axeitada ao mercado.



Un dos puntos máis difíciles é como determinamos ese “valor de mercado”.








Debemos posuír non solo coñecementos e habilidades técnicas específicas para o posto de traballo, senón que tamén é necesario ter características ou competencias necesarias para que o individuo se integre nunha organización .

Nestes momentos, tan difíciles para o mundo do traballo, as organizacións ou empresarios, intentan identificar estilos persoais de cada candidato, a súa forma de relacionarse nos contextos formais e informais, de xestionar conflitos, de reaccionar ante o stress, etc. 

Estos aspectos competenciais e motivacionais, sumados aos factores que dependen estrictamente do mercado laboral (equilibrio entre a oferta e a demanda) e das correntes sociais (xénero, idade, diversidade, etc. ) fan que a empregabilidade dependa tanto de factores que un profesional pode controlar como outros de carácter alleo e nos que moitas veces resulta difícil incidir. 

Este tipo de criterios resultan aplicables para todos os niveis de competencia, e aínda que poida sorprendernos, para os postos de traballo de menor cualificación. Pero o que é certo que esas competencias que necesitamos, senón as temos, si se poden adquirir. É isto é o que chamamos a mellora da empregabilidade.

O concepto de empregabilidade atópase ligado tamén , á visión que cada un de nós temos sobre a nosa traxectoria profesional. Por tanto, para o desenvolvemento da nosa empregabilidade é necesario ligar as nosas opcións profesionais futuras coa demanda dos empregadores e o contexto en que todo isto se produce.


Hai seis parámetros que definen a empregabilidade: 


- A vocación
- Saber se as tarefas que desempeñamos ou a profesión son axeitadas á nosa vocación



- A competencia profesional- Non solo é necesario dispoñer dos coñecementos senón tamén demostrar inquietude coa actualización constante dos mesmos.



- A idoneidade- Non solo debemos reunir as condicións requiridas , ademais debemos demostrar que o posto é axeitado para nós na entrevista e no desempeño do traballo.



- A saúde- é fundamental para obter e manter un traballo. Carecer dela é estar en desventaxa nun mercado laboral tan competitivo como o actual.



- Competencias ou habilidades comunicativas- As relacións interpersoais son importantes para lograr un clima armonioso no traballo. Valórase positivamente o saber traballar en equipo, ter un carácter sociable e afable.



Debemos coñecer e mellorar as competencias transversais para mellorar a empregabilidade, Éstas chámanse transversais porque afectan a moitos sectores de actividade, a moitos lugares de traballo, é o máis importante, está en sintonía coas novas necesidades e as novas situación laborais.


Estas actitudes conforman as" competencias clave" dos profesionais do presente e do futuro e non son un mero complemento ás competencias técnicas necesarias para o desempeño do posto.



Estas COMPETENCIAS CLAVE serían:



- A capacidade de resolución de problemas (habilidade e disposición para enfrentarse e dar resposta a unha situación determinada)



- A capacidade de organización do traballo.


- A capacidade de responsabilidade no traballo. 



É a capacidade para implicarse no traballo.



- A capacidade para traballar en equipo

É a disposición e habilidade para colaborar de xeito coordinado



- A autonomía

É a capacidade de realizar unha tarefa de modo independiente, sen necesidade de axuda.



- A capacidade de relación interpersonal

Trato axeitado, con atención e cordial



- A capacidade de iniciativa 

A disposición para tomar decisións.






Mírade este vídeo






















0 comentarios: