A CLASIFICACIÓN DE DEMANDANTES DE EMPREGO

17:06 Maria Dolores Fontenla Redondo 0 Comments



A clasificación comenzou no ano 2009 para mellorar e actualizar a inscrición dos demandantes de emprego, modernizar as bases de datos do SPEG e mellorar a súa efectividade de cara á intermediación laboral.
Nun principio, e supoño que esto variaría en función das características e o volume de público de cada Oficina de Emprego, había unhas prioridades de clasificación que foron ampliándose a medida que aumentaban as demandas clasificadas.
Así, non tiñan prioridade as demandas abreviadas (as persoas que van a facer o "darde" porque llo pide o empresario que o vai contratar próximamente), os demandantes doutros servizos (ós que non lles interesa intermediar) nin as melloras de emprego.


¿Quen require clasificación?

-Aquelas persoas que se inscriban por primeira vez e que buscan traballo activamente 

-Os demandantes que acaban de perder o seu traballo.

-Os que teñan ocupacións dubidosas ou niveis profesionais pouco claros

-Aqueles con ocupacións solicitadas relacionadas con titulacións oficiais.

-Os que teñan unha dispoñibilidade que precise unha valoración.

-Demandas incompletas ou que levan moito tempo sen actualizar.

-Colectivos con dificultades de inserción 

-Os demandantes que soliciten ocupacións moi ofertadas, etc.


A miúdo os demandantes descoñecen a importancia que ten a clasificación porque non saben como funciona a intermediación coas ofertas de emprego. 
Para xestionar unha oferta hai unha aplicación informática onde o xestor da oferta vai marcando os filtros que lle interesan segundo a solicitude que fai o empresario.
 Pódese facer a sondaxe por  ocupación ou por  formación (en función do que estemos buscando utilizaremos unha ou outra).


Un exemplo: Temos unha solicitude de oferta dun  dependente de panadería con 12 meses de experiencia e con carné de conducir B1.  

A sondaxe faráse pola ocupación con 12 meses de experiencia e o carné B1.
Se as demandas non están actualizadas poden quedar fóra dos resultados da sondaxe demandantes que teñan a ocupación e a experiencia se non está esta última repercutida . E o mesmo pasa se teñen carné pero non está posto na demanda. 

Tras o "emparellamento" da oferta temos como resultado unha serie de candidatos (5 por posto, por regra xeral). Se hai candidatos suficientes pola zona de busca obteremos : 5 candidatos, outros 5 de reserva e poden aparecer tamén candidatos ponderados. Os ponderados son os que non cumpren ó 100% as condicións que puxemos na oferta. 



O procedemento para a clasificación é o seguinte: 

Dáselle á persoa unha cita de clasificación e un cuestionario para a determinación da dispoñibilidade, que traerá cumprimentado o día da cita. 













Ademais deberá aportar a seguinte documentación:


-Vida laboral actualizada ( ou, de ser o caso, nóminas ou contratos se hai irregularidades nos niveis profesionais)

-Títulos de formación académica orixinais.

- Cursos de formación. O demandante aporta os que considere importantes aínda que recibe o asesoramento do clasificador. A aplicación non admite máis de 50 cursos.

-Acreditación de idiomas

-Outros coñecementos

-Carnés profesionais

-Permisos de conducir

-Coñecementos informáticos

-Tamén podemos incluír traballos no estranxeiro que estén sen acreditar (por suposto noutro apartado distinto da experiencia acreditada e dito apartado non intermedia)

-Así mesmo aquelas prácticas non remuneradas que estén relacionadas coa titulación do demandante podemos reflexalas na experiencia profesional sinalándoas como prácticas. 



O ideal sería consultar previamente a demanda, antes da entrevista para obter unha valoración 


Un dos aspectos máis  importantes da clasificación son as ocupacións solicitadas.
Podemos ter como máximo 6 . É básico ter en conta a adecuación da persoa ós requisitos das ocupacións en cuestión. Debemos observar a experiencia e a formación específica para cada ocupación.
Hai certas ocupacións que sólo se poden solicitar se tes formación ou se tes experiencia. 

Exemplo: non podemos poñer fisioterapeuta se non posuímos a titulación.
                Ou non poñeremos albanel, oficial 1ª a alguén que nunca desempeñou ese nivel                   durante a súa vida laboral.

Non deberemos incluír ocupacións coas que o demandante non se sinta identificado.

Tamén podemos sinalar que, se o demandante reúne os requisitos, recomendarémoslle que nos niveis profesionais abarcaremos o abano (desde o mínimo ao máximo) porque así ten máis posibilidades de intermediación.


Agora imos pasar aos dous conceptos fundamentais da clasificación: empregabilidade e dispoñibilidade. 



A EMPREGABILIDADE                                                             





Ven determinada en función da formación e da experiencia que posúa o demandante para cada das ocupacións solicitadas.

Non inflúe na intermediación.




A empregabilidade ven determinada pola seguinte regra:



Moi baixa: Se a persoa non ten nin experiencia nin formación nesa ocupación.

Baixa: Sen experiencia, sen formación, cun curso ou IPI.

Normal: Cando ten formación sen experiencia, ou sen formación pero con experiencia i-
               gual ou superior a 2 anos.

Alta: Con formación e experiencia como mínimo de 2 anos nos últimos 10 .

Moi alta: Con formación e experiencia , como mínimo de 2 anos nos últimos 5.




Debemos puntualizar que nunha ocupación distínguense estes apartados: 

A ocupación (recollida no CNO- Catálogo Nacional de Ocupacións)
A data de solicitude da ocupación. A data de solicitude intermedia nas ofertas públicas, 
   nas ofertas por subvencións de cooperación)
-Experiencia (contabilizada en meses)
-Nivel de empregabilidade.
-Nivel profesional.




A DISPOÑIBILIDADE




É o indicador que valora o nivel de dispoñibilidade que ten o demandante ponderando o INTERÉS  en atopar emprego e as POSIBILIDADES de acceder ao mesmo, en función das súas circunstancias ou limitacións persoais. 
Debemos indagar sobre a disposición, limitacións, necesidades, interés real en atopar traballo; estilos de busca de emprego, causas externas ou internas do desemprego...



        A dispoñibilidade é única para todas as ocupacións. 

   SI, intermedia na xestión de ofertas (hai unha opción específica para eso, se se quere).

Cambia, segundo cambien as circunstancias. 

Sólo vale internamente para  o SPEG.

                                                 Non ten incidencias a efectos de sanción.



Os tipos de dispoñibilidade son:

MOI BAIXA:  Non é perceptor de prestacións. O fin non é o emprego (Ex.demandante doutros servizos)

BAIXA:   Non é perceptor. Establece limitacións. Pretensións altas.

NORMAL:  Perceptor. Condicións habituais.

ALTA:  Perceptor. Quere e pode traballar. Menos limitacións. En disposición de incorporarse en menos de 2 semanas.

MOI ALTA:  Perceptor. Quere, pode e necesita traballar. Menos limitacións. Incorporación inmediata. Con mobilidade xeográfica. 


Se o demandante percibe prestación é obrigatorio poñer a dispoñibilidade normal.

 Poñemos a data da clasificación e revisamos os datos persoais por se ten algún cambio: teléfono, domicilio, correo electrónico.

Por último debemos informar ao demandante da súa dispoñibilidade, e de ser o caso, do seguinte:

-da posibilidade de cambio

-analisar as carencias da demanda e informarlle dos servizos que podemos ofrecerlle : orientación, formación, portal de emprego do SPEG e outras páxinas de internet. 

-Renovación da demanda presencial e por internet.

-Obrigas ás que está suxeito e de como pode actuar ante diversas situacións. saídas ao estranxeiro, territorio nacional, enfermidade, etc.



E para rematar déixovos este vídeo que nos amosa unha imaxe diferente dunha Oficina de Emprego
















0 comentarios: