O CONTRATO DE TRABALLO

15:06 Maria Dolores Fontenla Redondo 0 Comments




O contrato de traballo é un documento onde se especifíca o acordo entre o empresario e o traballador, onde se determinan unha serie de servizos que presta o empregado ao empregador, baixo a dirección deste  e a cambio dunha retribución.









O artigo 1.1 do Estatuto dos Traballadores (R.D. lexislativo 1/1995, de 24 de marzo) di textualmente sobre a relación laboral: 

"La presente ley será de aplicación a los trabajadores que voluntariamente presten sus servicios retribuidos por cuenta ajena y dentro del ámbito de organización y dirección de otra persona, física o jurídica,denominada empleador o empresario"


Capacidade para contratar


Segundo o Estatuto dos Traballadores teñen capacidade para contratar o empresario e o traballador.


O traballador.

Poden celebrar validamente contratos de traballo as seguintes persoas:

-As persoas maiores de 18 anos

-Os menores de 18 anos legalmente emancipados.

-As persoas maiores de 16 e menores de 18 se viven independentes  ou con autorización 

dos pais ou titores.

-Os estranxeiros, segundo a normativa aplicable. Os non comunitarios deben posuír 

permiso de traballo e residencia.

- Os menores de 18 anos non poderán realizar traballos nocturnos, perigosos ou insalubres

e non poden realizar horas extraordinarias.



O empresario.

Pode ser unha persoa física ou xurídica.

A capacidade  de ser empresario como persoa física adquirise por nacemento e capaci-

dade de obrar, por maioría de idade ou por emancipación.

A capacidade como persoa xurídica adquirise coa inscrición no Rexistro Mercantil da escri-

tura de constitución dunha sociedade. 



Segundo sinala o Código Civíl para que exista contrato é necesario que existan 3 elemen-

tos: consentimento, obxecto e causa.










Na actualidade, e segundo a reforma laboral, existen ata 16 contratos diferentes.




RELACIÓN DE TIPOS DE CONTRATOS:


1) O CONTRATO INDEFINIDO

2) O CONTRATO TEMPORAL

3) CONTRATO PARA A FORMACIÓN E A APRENDIZAXE

4) O CONTRATO EN PRÁCTICAS




1)-O CONTRATO INDEFINIDO


Definición:

É aquel que se concerta sen establecer límites de tempo na prestación dos servizos, en canto á duración.

O contrato indefinido pode ser verbal ou escrito.

O contrato indefinido poderá celebrarse a xornada completa, parcial ou para a prestación de servizos fixos discontinuos.



Claúsulas específicas:


En determinados casos, estes contratos poderán ser beneficiarios de incentivos á contratación, cando se cumpran os requisitos que, en cada caso, esixa a normativa reguladora, dependendo das características da empresa, do traballador e da xornada.


Formalización:

A súa formalización pode ser verbal ou escrita.

En todo caso, deberán constar por escrito os seguintes:

-os acollidos a programas de fomento do emprego, cando así o esixa unha norma legal,

-os contratos a tempo parcial,

-os fixos-discontinuos,

-os de relevo,

-os de traballadores que traballen a distancia e 

-os contratados en España, ó servizo de empresas españolas no estranxeiro.


De non respetarse a súa formalización por escrito, cando sexa esixible, presumiráse o contrato celebrado por tempo indefinido e a xornada completa, agás proba en contrario que acredite a súa natureza temporal ou o carácter a tempo parcial dos servizos, tal como establece o artigo 8.2 do Estatuto dos Traballadores.

En todo caso, calquera das partes pode esixir que o contrato se formalice por escrito, ata no transcurso da relación laboral.


Tamén, adquirirán a condición de traballadores fixos, calquera que sexa a modalidade de contratación, os que non foran dados de alta na Seguridade Social , unha vez transcorrido o prazo similar ao  legalmente establecido para o período de proba, salvo que da propia natureza dos servizos prestados se poida deducir a temporalidade dos mesmos.



O contido do contrato será comunicado ao Servicio Público de Emprego Estatal no prazo dos 10 días seguintes á súa concertación.




Cando se formalice un contrato cun traballador discapacitado o contrato se formalizará por escrito, en catro exemplares,en modelo oficial. Acompañará ó contrato a solicitude de alta no réxime correspondente na Seguridade Social e o certificado de discapacidade.



Cando se trate de traballo fixo-discontinuo, o contrato deberá formalizarse necesariamente por escrito e deberá figurar a indicación sobre a duración estimada da actividade, así como a forma e a orde de chamamento que estableza o convenio colectivo aplicable. Tamén deberá figurar , de xeito orientativo, a xornada laboral estimada e a súa distribución horaria.



No caso de traballadores a distancia , deberá constar no contrato o lugar onde se realiza a prestación.



1.1) CONTRATO INDEFINIDO ORDINARIO


1.2) CONTRATO INDEFINIDO CON REDUCIÓN DE COTIZACIÓNS EMPRESARIAIS 

POR CONTINXENCIAS COMÚNS Á SEGURIDADE SOCIAL POR CONTRATACIÓN 

INDEFINIDA (TARIFA PLANA)


Características:



Celebrados entre o 25/02/2014 e o 31/12/2014.




Estas reducións aplicaránse durante un período de 24 meses, computándose a partir da data de efectos do contrato. Ao finalizar os 24 meses, durante os 12 meses seguintes, as empresas que no momento de celebrar o contrato conten con polo menos 10 traballadores, terán dereito a unha redución equivalente ao 50% da aportación empresarial á cotización por continxencias comúns polo traballador.





Requisitos da empresa:



-Estar ao corrente de obrigas tributarias e de Seguridade Social.



- Non haber extinguido contratos de traballo por causas obxectivas ou  por despidos disciplinarios declarados improcedentes, ou por despidos colectivos nos seis meses anteriores á celebración dos contratos que dan dereito á redución.



-Non haber sido excluídas do acceso ao beneficio de programas de empleo pola comisión de infraccións graves ou moi graves segundo a Lei sobre infraccions e sancións na orde social Real Decreto Legislativo 5/2000, de 4 de agosto, 


-Que a celebración destes contratos supoña un aumento do emprego indefinido da empresa e do nivel de  emprego total .



-Manter durante 36 meses desde a celebración do contrato, tanto o nivel de emprego indefinido da empresa como o nivel de emprego total.



La cotización del empresario por ese trabajador será de 100 euros, se é a tempo completo.





-Excepcións: relacións laborais de carácter especial (artigo 2 do E.T.); cando os contratos se celebren có cónxuxe, ascendentes e descendentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, (agás fillos de traballador autónomo con especiais dificultades de inserción laboral), etc...



Reintegro das axudas en caso de incumprimento dos requisitos esixidos.



1.3) CONTRATO INDEFINIDO CON PERSOAS CON

DISCAPACIDADE


Requisitos:


Ser traballador con discapacidade cun grao igual ou superior ó 33% recoñecido polo organismo competente ou pensionista da Seguridade Social que teña recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao total, absoluta ou gran invalidez ou pensionista de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación  por incapacidade permanente para o servizo.




Para a celebración deste contrato o traballador debe estar inscrito no Servicio Público de Emprego, e non ter anteriormente  relación laboral de tipo indefinido coa empresa ou grupo de empresas nos vintecatro meses anteriores .(Hai certas excepcións : "tipo de discapacidade").





Incentivos:


Subvención de 3.907 euros por cada contratación a tempo completo.

Se é a tempo parcial reducirase a subvención proporcionalmente segundo a xornada.














Subvención para adaptación de postos de traballo, eliminación de barreiras ou dotación de medios de protección persoal, ata 901,52 euros.




Dedución da cota íntegra do Imposto de Sociedades na cantidade de 6.000 euros por cada persona /ano de incremento  do promedio da plantilla de traballadores con discapacidade, contratados por tempo indefinido, respecto da plantilla media de traballadores con discapacidade do exercicio inmediatamente anterior á contratación.





Obrigacións:



A empresa debe manter a estabilidade destes traballadores un mínimo de 3 anos. E en caso de cese voluntario, despido procedente ou extinción da relación por causas obxectivas, deberá substituílos por outros traballadores con discapacidade.

No caso de incumprimento, por causa da empresa, esta deberá devolver a subvención referente ó período de incumprimento.






1.4) CONTRATO INDEFINIDO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE EN CENTROS 

ESPECIAIS DE EMPREGO.



Os requisitos dos traballadores son os mesmos que para o contrato anterior.




Para facilitar a adaptación profesional  do traballador discapacitado, ou para completar a formación necesaria para o desempeño do mesmo, nos contratos poderá pactarse un periodo de adaptación ó traballo, que terá a consideración de periodo de proba e non pode ser superior a 6 meses.



- Non se poderán superar as 8 horas de traballo diario.



- Están prohibidas a realización de horas extraordinarias.



- O traballador, previo aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo para realizar tratamento de rehabilitación médico-funcionais, e para participar en accións de orientación, formación e readaptación profesional, sempre que nos superen os dez días por semestre.




As empresas:


Son empresas promovidas, principalmente, por asociacións de persoas con discapacidade e/ou os seus familiares.




O obxectivo principal destes centros é a integración laboral , e por tanto, social de persoas con discapacidade, realizando un traballo produtivo e remunerado.



Para obter a calificación de Centro Especial de Emprego , as empresas deben contar na súa plantilla cun mínimo do 70% de traballadores con discapacidade, e solicitar a calificación á Administración correspondente.



Incentivos:l


Para financiar proxectos: 












Poderase conceder as subvencións anteriores sempre que o CEE xustifique axeitadamente a inversión que implica o proxecto para algunha destas accións:

- subvención para asistencia técnica

-subvención parcial de intereses de préstamo (ata 3 puntos de interés)

- subvención para inversión fixa en proxectos de recoñecido interés social.





Para mantemento de postos de traballo:










1.5) CONTRATO INDEFINIDO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 PROCEDENTES DE ENCLAVES LABORAIS.



É similar ao anterior.




Debemos sinalar que se entende por enclave laboral  o contrato de traballo entre unha empresa do mercado ordinario de traballo, chamada empresa colaboradora, e un centro especial de emprego (CEE), para a realización de obras ou servizos que garden relación coa actividade laboral da primeira e realizada por traballadores discapacitados do CEE para o que se desprazan temporalmente, ó centro de traballo da empresa colaboradora.



É un instrumento para a creación de emprego para persoas con discapacidade e a súa posible incorporación ao mercado aberto.





Incentivos: 



Similares ás bonificacións do contrato para persoas con discapacidade.







1.6) CONTRATO INDEFINIDO DE APOIO ÓS EMPRENDEDORES.



Requisitos:

Trabajadores inscritos na Oficina de emprego.

Contrato indefinido, a tempo completo ou parcial.

Período de proba dun ano, agás que o traballador desempeñase as mesmas tarefas noutro posto na mesma empresa.


Empresas de menos de 50 traballadores


Manter o traballador polo menos 3 anos. E manter o nivel de emprego alcanzado coa contratación un ano .



Incentivos.

Primer traballador contratado pola empresa menor de 30 anos: dedución fiscal de 3.000 euros.

En caso de contratar a un desempregado perceptor de prestación contributiva, dereito dunha dedución fiscal do 50%  do menor dos seguintes importes: 




























1.6) CONTRATO INDEFINIDO PARA PERSOAS BENEFICIARIAS DO SISTEMA 

NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL.



Requisitos: 




- Ter menos de 25 anos ou menos de 30, no caso de ter unha discapacidade igual ou maior do 33%



- Ser beneficiario do Sistema de Garantía Xuvenil e ter os requisitos para selo.





-Contrato indefinido a tempo completo ou parcial (mínimo o 50% ).


Requisitos da empresa:



Poderán beneficiarse empresas, traballadores autónomos, sociedades cooperativas e laborais e empresas de inserción.



Coa nova contratación a empresa deberá incrementar tanto o nivel de emprego indefinido como o total .

A empresa debe manter ese nivel de emprego durante a bonificación do contrato.



Debe manterse o posto dese novo traballador durante 6 meses, polo menos.



Incentivos:


Bonificación mensual na aportación empresarial á Seguridade Social por un importe de 300 euros /mes durante un período de 6 meses e reducirase en función da parcialidade da xornada
- 225 euros - 75%
- 150 euros - 50%.


A bonificación será aplicable a todas as contratacións realizadas desde o 6 de xullo de 2014 ata o 30 de xuño de 2016.


Lei 18/2014, do 15 de outubro.






1.7) CONTRATO INDEFINIDO DUN MOZO POR MICROEMPRESAS  E EMPRESARIOS 

AUTÓNOMOS.


Requisitos: 


Mozo desempregado inscrito na Oficina de Emprego, menor de 30 anos, ou menor de 35 anos se ten unha discapacidade igual ou superior ó 33%.



Requisitos das empresas: 


Empresas ou traballadores autónomos, cunha plantilla igual ou inferior a 9 traballadores.




Non haber tido relación laboral anterior co traballador.



Manter o traballador polo menos 18 meses, agás por causa non imputable ó empresario ou por non superar o periodo de proba.



Debe manterse o nivel de emprego alcanzado un ano desde a celebración do contrato.






Incentivos:


Redución da cota empresaria á Seguridade Social por continxencias comúns , do 100% durante un ano de contrato.





1.8) CONTRATO INDEFINIDO PARA NOVOS PROXECTOS DE EMPRENDEMENTO

XOVEN.

Persoas con idade igual ou superior a 45 anos , e que cumpran un destes requisitos: 

- Desempregados inscritos na Oficina de Emprego ininterrumpidamente 12 meses dos 18 

inmediatamente anteriores á contratación.

- Ser beneficiario do programa de recualificación profesional tras agotar a prestación por 

desemprego (PREPARA).



Contrato indefinido a tempo completo ou parcial.


Requisitos empresas:


Ser traballador por conta propia ou autónomo menor de 30 anos, sen asalariados, que con-

traten por primeira vez  a  partir do 24 de febreiro de 2013.


Manter o traballador 18 meses.


Incentivos: 


Redución da cota empresarial á Seguridade Social do 100% durante os 12 meses seguintes á contratación.




1.8) CONTRATO INDEFINIDO A TEMPO PARCIAL  CON VINCULACIÓN FORMATIVA


Requisitos:



Mozos desempregados, inscritos na Oficina de Emprego, menores de 30 anos ou de 35 anos se teñen unha discapacidade igual ou superior ó 33%, e se cumpren algún destes requisitos, 




- Desempregados inscritos na Oficina de Emprego 12 dos 18 meses anteriores á contratación.



- Non ter experiencia laboral ou que esta sea inferior a 3 meses.



- Proceder doutro sector de actividade económica.



- Carecer de título oficial de ensino obrigatorio, de título de formación profesional ou de cer-



tificado de profesionalidade.



- Ser beneficiario do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.





- Xornada non superior ó 50%.



- Os traballadores deberán compatibilizar o emprego coa formación e xustificar habela cursado nos 6 meses anteriores á celebración do contrato.


 A formación non ten que ser vinculada expresamente ó posto de traballo:

- Ten que ser formación acreditable oficialmente e promovida polos Servicios Públicos de 

Emprego.

- Formación en idiomas ou tecnoloxías da información e comunicación , cunha duración 

mínima de 90 horas en cómputo anual.


Empresas: 

Empresas, incluídos traballadores autónomos.


Incentivos:

-Redución da cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns- do 100%  

se a plantilla da empresa é inferior a 250 traballadores, ou do 75% se a empresa ten unha 

plantilla igual ou superior a 250 traballadores  durante un máximo de 12 meses.


- Este incentivo poderá prorrogarse outros 12 meses sempre que o traballador siga compa-

tibilizando o emprego coa formación ou cursara a formación nos seis meses previos á finali-

zación do periodo dos 12 primeiros meses.












1.9) CONTRATO INDEFINIDO PARA TRABAJADORES EN RISCO DE EXCLUSIÓN 

SOCIAL.


Requisitos:

- Traballador desempregado ou traballando a tempo parcial, sempre que  a xornada de tra-

ballo sexa inferior ó 33%, en situación de exclusión social.


A exclusión social é acreditada polos servicios sociais públicos e ven determinada pola pertenencia a algún destes colectivos:


Perceptores de Rentas Mínimas de Inserción.

+ Personas que non poden acceder ás prestacións  por algunha destas causas: 



                                 -falta de periodo exixido de empadroamento ou residencia.


                                 -haber agotado o periodo máximo  de percepción establecido.


+ Mozos maiores de 18 anos e menores de 30 procedentes de Institucións de Protección de menores.

+Persoas con procesos adictivos que se atopen en fase de reinserción social ou rehabilitación.

+Internos en centros penitenciarios que poidan traballar ou ex reclusos ou en libertade condicional.

+Menores internos ou ex internos ou en libertade vixíada.

+Persoas procedentes de centros de aloxamento alternativo.

+ Persoas procedentes de servizos de prevención e inserción social.




Incentivos: 

Cada contrato indefinido da dereito a unha bonificación na Seguridade Social de 50 euros /mes durante 4 anos.








1.10)  CONTRATO INDEFINIDO  PARA TRABALLADORES QUE TEÑAN ACREDITADA 

A CONDICIÓN DE VÍTIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO, DOMÉSTICA OU VÍTIMA

 DO TERRORISMO.


Requisitos:


Ter acreditada a condición de vítima pola Administración.

O traballador non pode ter relación de afinidade ou consaguinidade ata o segundo grao co empresario.

Pode exceptuarse esto sempre que a persoa sea menor de 45 anos e non convivan no seu fogar nin estén á seu cargo.


Empresas:


Todas as empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais.



Incentivos: 

Bonificación mensual da cota empresarial á Seguridade Social:

- Vítimas de violencia doméstica-70,83 euros/mes durante 4 anos.

- Violencia de xénero ou terrorismo-125 euros /mes durante 4 anos.






1.11) CONTRATO INDEFINIDO PARA TRABALLADORES EN SITUACIÓN DE EXCLU-

SIÓN SOCIAL POR EMPRESAS DE INSERCIÓN.


Igual que o anterior.


Empresas de Inserción: sociedade mercantil ou sociedade cooperativa calificada como empresa de inserción que realiza unha actividade económica cuxo obxecto social é a integración e a formación socio-laboral de persoas en  situación de exclusión social


Non poden realizar actividade económicas distintas do obxecto social.

Aplicar o 80% dos excedentes á ampliación da estruturas produtivas e de inserción.

Manter unha porcentaxe de traballadores en procesos de inserción, do 30% durante os 

tres primeiros anos e do 50% a partir do cuarto ano, non pudendo ser inferior a 2.


Incentivos: 


Bonificación da cota empresarial (70,83 euros/mes) durante 3 anos.

Menores de 30 anos e  menores de 35 con discapacidade: 137,50 euros/ mes durante 3 anos.





1.12) CONTRATO INDEFINIDO PARA MAIORES DE 52 ANOS BENEFICIARIOS DO 

SUBSIDIO POR DESEMPREGO


Requisitos: 

-Traballadores desempregados maiores de 52 anos, inscritos no Servizo Público de Emprego, beneficiarios de calquera subsidio por desemprego.
-Non parentesco co empregador (segundo grao de consanguinidade ou afinidade).
- Contrato indefinido e a tempo completo.



Incentivos: 









1.13) CONTRATO INDEFINIDO PARA TRABALLADORES PROCEDENTES DUNHA 

 ETT, CON CONTRATO DE PRIMEIRO EMPREGO NOVO, CON CONTRATO PARA A 

FORMACIÓN E A APRENDIZAXE , OU CON CONTRATO EN PRÁCTICAS.



Requisitos: 


Traballadores contratados por unha ETT,


+ con contrato de primer emprego novo, despois de pasar 3 meses da súa celebración e postos a disposicíón dunha empresa usuaria.

                         bonificación de cuota empresarial de 500 euros/ano (home)- 3 anos
                                  "            "      "             "          de 700 euros/ano (muller)- 3 anos

+ con contrato para a formación e o aprendizaxe , a disposición de empresa usuaria.

                        bonificación de cuota empresarial  de 1500 euros/ano (home)-3 anos
                                 "            "      "          "              de 1800 euros/ano (muller)-3anos

+ con contrato en prácticas e a disposición de empresa usuaria.


                        bonificación de cuota empresarial de 500 euros/ano (home)- 3 anos
                               "             "      "            "            de 700 euros/ano (muller)- 3 anos





1.14) CONTRATO INDEFINIDO DE SERVIZO DO FOGAR FAMILIAR.



É o contrato que se celebra para prestar servizos retribuidos no ámbito do fogar familiar.


O empregador pode contratar directamente ó empregado ou a través dos servizos públicos de emprego ou axencias de colocación.

O contrato pode ser verbal ou por escrito.

O periodo de proba non poderá exceder de 2 meses e establécese o preaviso de 7 días (para as dúas partes)

Garántese  como mínimo a retribución económica  do SMI, en cómputo anual  por debaixo de dita contía non se pode realizar desconto ningún por pago en especie, por manutención ou por aloxamento. Cando exista o salario en especie non poderá superar o 30% das percepcións salariais.

A partir do 1 de xaneiro de 2012  o Réxime Especial da Seguridade Social dos Empregados de Fogar  integrase no Réxime Xeneral  como un Sistema Especial.






1.15) CONTRATO INDEFINIDO DE TRABALLO EN GRUPO.


É o contrato celebrado cun grupo de traballadores considerado na súa totalidade.


O xefe de grupo ostentará a representación dos membros que o integren, respondendo 

tamén das obrigas.

Pode ser verbal ou escrito.


 
 
1.16) CONTRATO INDEFINIDO DE ALTA DIRECCIÓN.


Se considera persoal de alta dirección a aqueles traballadores que exercitan poderes inherentes á titularidade xurídica da empresa e  que desempeñan os mesmos con autonomía e responsabilidade sólo limitados polos órganos de goberno e administración da mesma. 

Entenderase que o persoal é de alta dirección cando se den os supostos expostos no artigo 8.1 do Estatuto dos Traballadores.






1.17) CONVERSIÓN DE CONTRATO EN INDEFINIDO.
 ,
.



              - Conversión de contrato en prácticas e temporal para o fomento do emprego

               de persoas con discapacidade .


             -Conversión  de contrato en prácticas , de relevo, de substitución por anti-
            
               cipación da idade de xubilación e eventual primeiro emprego








2)- O CONTRATO TEMPORAL  .



O contrato temporal é aquel que ten por obxecto a relación laboral entre empresario e traballador  por un tempo determinado.

Pode celebrarse a tempo completo ou a tempo parcial.

Formalizarase por escrito; poderá ser verbal cando na situación de eventual por circunstancias da produción a duración sea inferior a catro semanas.


Como situacións de termporalidade pódense dar as seguintes:  

-Causadas polo obxecto da contratación (situacións de obra ou servizo, eventual por circunstancias da produción e interinidade).


-Pola súa finalidade de fomento do emprego( fomento do emprego para persoas con discapacidade, traballadores en situación de exclusión social, relevo, xubilación parcial, substitución por anticipación da idade de xubilación, traballadores con condición de víctima de violencia, doméstica ou terrorismo, traballadores maiores de 52 anos e contratos con vinculación formativa).


-Pola súa función específica (actividade investigadora ou subvencionados por interés so-
cial, traballadores penados, en internamento...)



Os contratos temporais tamén son susceptibles de subvención á contratación cando se cumpran os requisitos que indique a norma reguladora.


O uso inxustificado da contratación temporal ou o incumprimento de obrigas convirte a contratación temporal en indefinida.


Os traballadores que nun periodo de 30 meses estiveran contratados durante un prazo superior  a 24 meses, con ou sen solución de continuidade, para o mesmo ou diferente posto, na mesma empresa ou grupo de empresas, mediante dous ou máis contratos temporais, sea directamente ou a través de ETTS, coas mesmas ou diferentes modalidades contractuais de duración determinada, adquirirán a condición de traballadores fixos, agás para a relacións laborais de interinidade e relevo.


Adquirirán a condición de traballadores fixos os que non foran dados de alta na Seguridade Social , unha vez transcorrido o prazo legal establecido para o periodo de proba.

Presumiranse por tempo indefinido os contratos temporais celebrados en fraude de lei.

O contido do contrato comunícarase ó Servizo Público de Emprego Estatal no prazo dos 10 días seguintes  á súa concertación, así como as súas prórrogas, deban ou non formalizarse por escrito.



2.1. CONTRATO TEMPORAL DE OBRA OU SERVIZO DETERMINADO.


Obras ou servizos determinados no ámbito da empresa para os que a súa execución, aínda que limitada no tempo, é de duración incerta, non pudendo ser superior a 3 anos.

Deberá identificar a obra ou servizo  en concreto, así como o traballo a desenvolver.

O contrato extinguirase cando finalice a obra ou o servizo obxecto do mesmo.

Cando o contrato sexa superior a un ano, calquera das partes que queira rescindilo terá que notificalo cunha antelación mínima de 15 días .

Se o contrato chega a término, o traballador terá dereito a percibir unha indemnización ata o 31/12/2014 de contía equivalente a 11 días de salario por cada ano de servizo. O 1/1/2015 quedará fixada en 12 días.





2.2 CONTRATO EVENTUAL POR CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCIÓN.


-Responde a esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

- Duración máxima de 6 meses dentro dun periodo de 12 meses.

-Indemnización de 12 días á finalización do contrato.




2.3 CONTRATO TEMPORAL DE INTERINIDADE


Substitución de traballadores con dereito a reserva de posto ou para cubrir temporalmente un posto de traballo durante o proceso de selección ou promoción para a súa cobertura definitiva.


-Tamén hai unha modalidade para substituir ó traballador en situación de excedencia por cuidado de familiares, con redución de cota da S.S. Bonificado.


-Substitución de traballadores en formación por traballadores beneficiarios de prestacións de desemprego.


Substitución de traballadores por maternidade, adopción, acollemento, risco durante o embarazo, risco durante a lactancia e suspensión por paternidade.
Bonificado.


- Substitución de baixas por incapacidade de persoas con discapacidade.
Bonificado.

-Substitución de baixas de víctimas de violencia de xénero.
Bonificado.





2.4 CONTRATO TEMPORAL DE RELEVO.


É o contrato que se celebra cun traballador, inscrito como desempregado na Oficina de Emprego ou que tivese concertado coa empresa un contrato de duración determinada, para substituír a un traballador da empresa que accede a unha xubilación parcial.Celébrase conxuntamente co contrato a tempo parcial que se concerte co traballador que se xubila.


Pode celebrarse a xornada completa ou tempo parcial.

A duración da xornada debe ser como mínimo igual á redución da xornada acordada co traballador que se xubila .

O contrato extinguirase cando se xubile o traballador.






3)- CONTRATO PARA A FORMACIÓN E A APRENDIZAXE.



Requisitos: 

Traballadores maiores de 16 anos e menores de 25 anos (e menores de 30 ata que a taxa de desemprego se sitúe por debaixo do 15%) que carezan da cualificación profesional recoñecida polo sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo requirida para celebrar o contrato en prácticas, para o posto de traballo ou ocupación obxecto do contrato.

O límite máximo non será de aplicación cando o contrato se concerte con persoas con discapacidade  ou colectivos en situación de exclusión social (nos casos que sexan contratados por parte das empresas de inserción), nin nos supostos de contratos celebrados con alumnos participantes en proxectos de emprego e formación (lei 53/2006)


O contrato terá por obxecto a cualificación profesional dos traballadores nun réxime en alternancia de actividade laboral retribuida nunha empresa con actividade formativa, recibida no marco do sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo.

A duración mínima será de 6 meses e a máxima de 3 anos.

As situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo,maternidade, adopción ou acollemento, risco durante a lactancia e paternidade , interrumpirán o cómputo da duración do contrato.

O tempo de traballo efectivo , que deberá ser compatible co tempo adicado ás actividades formativas, non poderá ser superior ó 75% no primeiro ano e ó 85% no segundo e tercer ano.

Expirada a duración do contrato, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa agás que a formación inherente ao novo contrato teña por obxecto a obtención  de distinta cualificación.


A actividade laboral desempeñada polo traballador deberá estar relacionada coas actividades formativas

Os centros para impartir a formación dependerán da administración educativa ou estarán autorizados polos Servizos Públicos de Emprego.

Incentivos: 

Cando o traballador sexa un desempregado inscrito no Servizo Público de Emprego, terá unha redución das cotas empresariais á Seguridade Social  por continxencias comúns  do 100%.




4)-CONTRATO EN PRÁCTICAS.

Este contrato ten por obxecto a obtención por parte do traballador da práctica profesional axeitada ó seu nivel de estudos cursados.  Non se trata solamente de adquirir práctica profesional senón de que esa práctica actúe sobre os estudos realizados.

Este contrato poderá celebrarse con aqueles traballadores con titulación universitaria ou formación profesional de grao medio ou superior ou títulos oficialmente recoñecidos como  equivalentes.


Incentivos:

Redución de cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns do 50% se o traballador é menor de 30 anos ou menor de 35 con discapacidade igual ou superior ó 33%.

Se o contrato se celebra con beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil terá ademais unha bonificación do 50%. Se o traballador estivese realizando no momento da realización do contrato prácticas non laborais a redución sería do 75%.

Periodo de proba:

para titulados de grao medio- non superior a un mes.
para titulados de grao superior-non superior a dous meses.


As retribucións non serán inferiores ó 60% o primeiro ano e ó 75% o segundo ano, do salario que perciba un traballador que desempeñe o mesmo posto.


O contrato en prácticas non será menor de 6 meses nin superará os 2 anos.












ENLACE http://www.ipyme.org/es-ES/ContratacionLaboral/Paginas/Indice.aspx
 





¿Qué debemos de  saber antes de firmar un contrato?




0 comentarios: