A OCUPACIÓN

12:48 hostalaria.blogspot.com 0 Comments

A OCUPACIÓN OBXECTO DA BUSCA EN RELACIÓN CO MERCADO DE TRABALLO




A ocupación que se relaciona co posto de traballo desempeñado ou demandado ten que ser unha das incluídas na Clasificación Nacional de Ocupacións (C.N.O.)
A adaptación europea da clasificación internacional de ocupacións denominada CIUO-(COM) e o INE  obtén a versión nacional (CNO-94), resultado da adaptación da clasificación europea. A última actualización é do ano 2011.

Ver PERFIL

http://www.sepe.es/contenidos/observatorio/perfiles/pdf/Profesionales_tecnologias_informacion.pdf






1.-COMPETENCIAS ESPECÍFICAS PARA O DESEMPEÑO DO POSTO



As competencias xerais adoitan estar moi definidas nas ofertas de traballo deste subgrupo profesional de Profesionais das Tecnoloxías da Información:  Programar, Deseñar, Xestionar, Administrar, Analizar, Desenvolver...

Estas competencias xerais compleméntanse con outras non menos importantes, como o probado e documentación de aplicacións, o soporte técnico a usuarios, a elaboración de informes, o mantemento de sistemas e bases, etc. Percorre todo o proceso desde o concepto ata a entrega ó cliente e o post-servizo do aplicativo. Todas elas son propias da especialidade destes empregos e que han de posuír e actualizar as persoas que traballen neste ámbito e quen queira manter e aspirar a ese posto de traballo.

Tamén, aínda que menos, poden aparecer ofertas dirixidas a este perfil pero cun compoñente comercial, o que supón un complemento importante a ter en conta.

Unha característica xeral do sector é a súa gran capacidade de innovación e desenvolvemento. Esto exixe estar na última versión e na última tendencia para ser competitivo.




1.1.- Ocupacións máis utilizadas



     -  DESEÑADOR PÁXINA WEB (30-70-00)


     - ANALISTA-PROGRAMADOR WEB (30-70-00)


     - TÉCNICOS DE SOPORTE WEB (30-70-00)


     - DESEÑADOR GRÁFICO E MULTIMEDIA (30-70-90-00)



É importante, cando se solicita a ocupación na demanda de emprego, solicitar o intervalo de niveis profesionais que posúa a ocupación, xa que o nivel de intermediación é maior.










2.- PERFIL REQUIRIDO Ó CANDIDATO: COÑECEMENTOS E HABILIDADES PROFESIONAIS E PERSOAIS.



2.1.- A persoa


Non é unha oferta que marque unhas preferencias definidas en canto a sexo ou idade. De feito a práctica totalidade da oferta analizada omite a idade, aínda que logo obsérvase unha preferencia polos menores de 30 anos á hora da contratación. No seu conxunto a poboación activa destas ocupacións, estea ocupada ou parada, é maioritariamente de homes.
Tampouco hai preferencia por determinados colectivos especiais para o emprego, algunha dirixida a persoas con discapacidade, pero case non se reflicte na contratación.
Nun 13% das ofertas requírise disponibilidade para viaxar. Existe unha oferta moi concentrada nas grandes cidades. 


2.2.- Formación e experiencia.


Respecto ó nivel formativo que se require ó candidato, hai un reparto entre universitarios (51%) e formación profesional (23%). Aínda que nunha de cada catro ofertas non aparece expresamente este requisito.

Como formación complementaria requirida é moi común que se faga referencia expresa e detallada dalgunha especialidade concreta e sempre expresada en acrónimos: J2EE, SQL, HTML, JAVA, UNIX, ORACLE...

Pídese experiencia previa no 90% dos casos, moitas veces máis de dous anos. 



2.3.-  Idiomas-Informática.


Esta é unha actividade que naceu e se desenvolveu en inglés. Polo tanto esta é unha competencia que con carácter xeral se presume. Outros idiomas sólo son valorables desde o punto de vista de ubicación do posto de traballo.

A informática neste caso non se ve desde a perspectiva dunha competencia transversal, dunha ferramenta, senón que é a profesión en si mesma. 


2.4.- Competencias persoais.


Nestes postos búscase un profesional que ademais de contar cunha base profesional sólida, sexa un traballador de equipo, que teña iniciativa e estea motivado en traballos con orientación ó cliente e á obtención duns resultados; que sexa comunicativo, que sexa responsable e que chegado o caso, afronte de xeito resolutivo a tensión e os problemas.


2.5.- Perfil da empresa



O 75% das ofertas son publicitadas pola mesma empresa nos portais de emprego. O resto realízase a través de distintas empresas de intermediación. 
A maior parte da oferta son presentadas por empresas directamente adicadas á actividade económica de Programación, consultoría e outras actividades relacionadas coa informática (57%).








3.- INSTITUTO GALEGO DAS CUALIFICACIÓNS







O Sistema de Cualificacións Profesionais de Galicia púxose en marcha da man do Consello Galego de Formación Profesional (1999) , órgano consultivo e de participación dos axentes sociais e económicos do ámbito galego, que ten como obxectivo básico coordinar todas as ensinanzas e accións de formación profesional que se vaian acometer na nosa Comunidade Autónoma. Faise necesario  a constitución do Instituto Galego das Cualificacións, como órgano de carácter técnico que executará as liñas aprobadas polo Consello.

Orgánicamente é unha Subdirección Xeral dentro, hasta hai pouco, da Consellería de Traballo e Benestar, e agora, da Secretaría Xeral de Emprego, dentro da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Xorde como instrumento específico de carácter técnico para velar polo establecemento e xestión en Galicia, do Sistema Nacional das Cualificacións Profesionais.

Obxectivos: 

- Observar a evolución das ocupacións e das cualificacións.
- Determinar as cualificacións profesionais dos diferentes sectores produtivos.
- Acreditar as cualificacións profesionais da poboación activa de Galicia.


Finalidades:

- A mellora da competitividade nas empresas
- Maior motivación nas persoas.
- Transparencia do mercado de traballo.
- Calidade na formación profesional.
- Orientación profesional das persoas.
- Facilitar a libre circulación dos traballadores no territorio nacional e da Unión Europea.




Deseñadores de páxinas web (cód. 27131015)

Analistas-programadores, nivel medio (cód. 27121030)

Deseñadores gráficos (cód. 24841012)




























Monitor de educación e tempo libre

(37241034)












http://www.juntadeandalucia.es/servicioandaluzdeempleo/web/websae/export/sites/sae/es/empleo/buscarTrabajo/eligeProfesion/galeriaPDFs/Detalle/009020MonitorEducacionyTiempoLibre.pdf

0 comentarios: