A OCUPACIÓN ( 2)

16:44 hostalaria.blogspot.com 0 Comments


A OCUPACIÓN



A ocupación que se relaciona co posto de traballo desempeñado ou demandado ten que ser unha das incluídas na Clasificación Nacional de Ocupacións (C.N.O.)
A adaptación europea da clasificación internacional de ocupacións denominada CIUO-(COM) e o INE obtén a versión nacional (CNO-94), resultado da adaptación da clasificación europea. A última actualización é do ano 2011.






1.-DESCRIPCIÓN XERAL

Planificar e desenvolver actividades de disfrute do tempo libre con contido educativo, tanto en interiores como ó aire libre, con vistas á adquisición de coñecementos, valores e actitudes por parte das persoas destinatarias; en aspectos de socialización, expresión plástica, hábitos saudables, e respecto polo medio ambiente. Programar a súa actuación de xeito flexible. Implementar as acción, acompañar e proporcionar orientacións para a aprendizaxe das persoas destinatarias.





1.1.- Ocupacións máis utilizadas

            -Monitor de ocio e tempo libre   37241034 (30-00).

            -Animadores comunitarios, en xeral

            -Monitor sociocultural

            -Coordinador de tempo libre

            -Monitor de servizos  á comunidade


É importante, cando se solicita a ocupación na demanda de emprego, solicitar o intervalo de niveis profesionais que posúa a ocupación, xa que o nivel de intermediación é maior.






















FUNCIÓNS PROPIAS DO POSTO:

- Programar acción educativas vinculándoas   ó disfrute do tempo libre de    acordo coas demandas e necesidades das persoas destinatarias.
¿Cómo o fai?  Organizando os recursos socioculturais que lle sexan asignados no marco do proxecto, cumprindo as normas e a lexislación establecida, e realizando as modificacións necesarias para mellorar o rendimento.


- Implementar as actividades lúdico-educativas programadas.
Analizando a zona de actuación e características do colectivo con minuciosidade e precisión.
Recopilando información sobre distintas modalidades de recursos culturais, e relacionándoos coa súa posible aplicación nos distintos contextos de animación cultural.


- Proporcionar oportunidades de aprendizaxe , a través do desenvolvemento de   actividades de tempo libre, adaptadas ás características individuais ou de grupo e as súas necesidades, así como acompañar e orientar o proceso de aprendizaxe dos mesmos.
Seleccionando e aplicando as estratexias de dinamización (motivación, participación e comunicación ) de grupos para o desenvolvemento do proxecto.


- Realización de actividades para dinamizar ó grupo.
Aplicación das técnicas de dinamización de grupos e adecualas ó tipo de actividade que realiza. Motivar ás persoas para a súa participación activa e ofrecerlles apoio e asesoramento técnico cando sexan requiridos.  Favorecer o desenvolvemento da autonomía e madurez das persoas, a súa inserción nas comunidades ou grupos, así como no disfrute do seu ocio e tempo libre.


-Colaborar conxuntamente cos educadores na avaliación e no desenvolvemento das actividades realizadas.
Comprobando a súa adecuación ó programa establecido. Avaliando as actividades e os comportamentos das persoas con obxectividade para retroalimentar a programación.






COMPETENCIAS XENÉRICAS:

Flexibilidade, Iniciativa, Sensibilidade social, Profesionalidade, Autocontrol, Traballo en equipo e cooperación, Orientación ó cliente.



FORMACIÓN REGRADA RECOMENDABLE

Grao en Educación Social
Mestre de Educación Primaria



FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Monitor sociocultural
Monitor de actividades de tempo libre



FORMACIÓN TRANSVERSAL

Ofimática básica  /  Orientación laboral  / Empatía / Xestión do tempo  / Prevención de riscos laborais  /  Calidade de servizo e atención  ó cliente / Empatía.








O ocio e o lecer do tempo libre nas sociedades desenvolvidas adquiriu unha elevada importancia, impulsados, entre outros factores, por unhas mellores condicións físicas que permiten unha vida máis agradable, que a cultura se volvese un ben de entretemento popular, que cada vez sexan máis numerosas as infraestruturas relacionadas co deporte ou que o turismo se convertese nun elemento básico de desenvolvemento.

Todo o anterior, unido ós cambios que se produciron na sociedade (cambios demográficos, nas estruturas familiares, a maior dispoñibilidade de tempo libre, o maior interese polo coidado e o desenvolvemento persoais, maior cultura e educación...) propiciou que as actividades de servizos vinculadas ó lecer e o tempo libre sufrisen un gran crecemento nas últimas décadas.






Así podemos recoñecer certas tendencias: 

-A incorporación da muller ó mercado laboral e a necesidade de conciliación da vida laboral e familiar, provoca que as actividades vinculadas ó sector infantil e xuvenil gañasen unah presenza importante. Así xorden moitas empresas de animación infantil, parques de atrraccións e ocio, ludotecas, etc.


-A maior lonxevidade das persoas está a provocar un incremento da demanda de actividades para o aproveitamento do tempo libre dispoñible.


-Os centros educativos convertéronse nun importante foco de actividades a través do desenvolvemento de actividades extraescolares.









-Tamén, cada vez hai máis actividades educativas orientadas ós nenos e á mocidade para os períodos de descanso escolar (Nadal, verán, Entroido). Moitas son promovidas por entidades públicas.

-As actividades de animación ofrécense a outros estratos de idade, como a terceira idade para as que se empregan novos espazos como as residencias xeriátricas, centros de día, etc.

- Hai unha marxe de idade abandonada en canto á oferta, a da preadolescencia e adolescencia. A mocidade entre 11 e 15 anos ten dificultades para atopar unha oferta atractiva ou axeitada de ocio.






AS EMPRESAS DE OCIO


O sector do ocio converteuse nos últimos anos nun sector importante a nivel nacional. O valor económico destas actividades tivo unha evolución positiva ó longo dos anos.
A nivel nacional, desde o ano 2009 ven experimentando un descenso paulatino, ligado á crise económica.







 En Galicia, en contraposición ó que acontece a nivel nacional, o número de empresas de actividades recreativas e de entretemento vén experimentando un certo crecemento (7,53%) no período 2009-2013.







A forma xurídica máis habitual das empresas españolas de actividades recreativas e de entretemento, no ano 2013, é de sociedade de responsabilidade limitada, supoñendo preto da metade do total. As persoas físicas son tamén representantivas no conxunto, con case un 40%.

Estas empresas caracterízanse pola súa reducida dimensión media, sendo as empresas sen asalariados as máis representativas, seguidas das empresas con un ou dous asalariados.

Aínda que as persoas físicas son a condición xurídica máis habitual entre as empresas de entretemento galegas, as sociedades de responsabilidade limitada son as que veñen experimentando unha evolución máis positiva desde o ano 2009.







O mapa amosa a distribución do emprego dos animadores de tempo libre en España, tendo en conta o domicilio do posto de traballo. Obsérvase un claro predominio das provincias períféricas e de Madrid, coincidindo coas áreas con máis desenvolvemento de servizos ás persoas.



Con relación ó perfil do persoal traballador atópanse basicamente dous:

 Estudantes menores de 25 anos que buscan unha obtención rápida e puntual de ingresos.

-Persoas de entre 25-35 anos con experiencia na área da animación sociocultural. Este  perfil é cada vez máis valorado debido á maior madurez persoal (responsabilidade,  profesionalidade...) que presentan.

-Maioritariamente mulleres, aínda que a presenza do sexo masculino é cada vez máis  frecuente.





0 comentarios: